Hoxe participamos activamente na concentración de produtores de leite celebrada a cabalo dos nosos tractores entre Arzúa e Melide para reivindicar un prezo xusto para un produto de calidade creado coa suor do noso traballo e o esforzo de tódolos gandeiros e agricultores de Galicia.
Á manifestación acercáronse gandeiros de toda a comarca que apoiaron de forma pacifica, civilizada e respectuosa unha defensa do sector por parte das autoridades políticas e unha maior integración e colaboración entre os diferentes estamentos e organizacións que agrupan o colectivo que vive da terra e que repercute en toda a economía da nosa comunidade.
Por isto, agradecemos o apoio de tódolos galegos na defensa do NOSO tecido produtivo e da NOSA industria, porque xuntos somos fortes.
Agradecementos a http://www.agrojuguetes.com