A tractorada de Ordes convocou a tódolos productores lácteos dunha comarca definida, económica e espiritualmente, por este sector; e foi apoiada por tódolos cidadáns, institucións e negocios locais comprometidos profundamente coa base económica e cultural da comarca.
A manifestación comezou cunha concentración no Campo da Feira de Ordes, da cal partiron, a pe, miles de persoas portando manifestos e cánticos a favor dunha defensa do sector por parte dos políticos e institucións da comunidade. Percorreu as principais rúas da vila e rematou coa lectura dun manifesto na alameda de ordes
Todo o evento celebrouse sen incidentes, e cunha gran unión entre tódolos presentes.